martes, 16 de noviembre de 2010

Hip Hop

As orixes da música rap han de ser procurados nas tradizóns musicais afro-americanas e da África Occidental. Os griots son un grupo de cantantes e poetas ambulantes de África Occidental, considerados os depositarios da tradición oral e a historia de moitos destes pobos. Polo seu estilo musical e características pódense considerar coma un dos primeiros devanceiros do rap.[2] Por outro lado, xa en Nova York e tamén nos Ánxeles, actuacións poéticas e musicais de artistas inspirados nos griots como The Last Poets, The Watts Prophets ou Jalal Mansur Nuriddin tiveron un grande impato cultural e social a finais da década de 1960 e na de 1970, sobre todo entre o público dos ghettos urbanos que verán nacer a música rap. É por iso que tanto os Last Poets coma os Watts Prophets están considerados coma unha das primeirísimas fontes de inspiración do rap. Unha terceira influencia que chegou a ser determinante no nacemento do novo estilo musical sería a música xamaicana, en especial o dub.[3]
Cara á decada de 1970, na cidade de Nova York, un persoaxe xamaicano, pero nado no Bronx coñecido como Dj Kool Herc (quen, segundo o mito, era coñecido por facer festas na rúa cos seus grandes MC's e DJ's que traía no seu coche), comezaron unha nova tónica de DJ|DJism, onde respetou a parte dos beats dalgunhas canzóns de moda (principalmente disco e funk), cun par de tornadiscos, para extender partes da melodía e comezar a facer o que logo chamaríase break. Precisamente serían a música funk e soul, que eran habitualmente pinchadas nestas festas, outros dos estilos que máis influirían nestes momentos de agromar do rap.[4]
Doutra banda, DJ Hollywood, nas discos locais de Nova York, comezaba a rimar sobre algúns ritmos disco do momento.
Un par de anos máis tarde, Afrika Bambaataa xunto a Fab 5 Freddy definen o que serían os catro grandes elementos do hip-hop.[5]
Un dos protexidos de DJ Kool Herc, coñecido coma Grand Master Flash, comeza contra outra nova tónica para os DJ's, na cal, mestura dúas beats de diferentes cancións, para xerar un novo ritmo.[6] Asemade e despois dun accidente que tivo un coñecido de Grand Whizard Theodore, cun disco e unha agulla, invéntase o scratch. Isto conlevaría unha nova moda nos DJ's

No hay comentarios:

Publicar un comentario